Viernes 11 d abril, presentación del vídeo turístico del GDR Ulla Tambre Mandeo
O GDR Ulla Tambre Mandeo e a Axencia de Desenvolvemento Rural de Galicia:
Teñen o pracer de convocar ó seu medio, á presentación do vídeo turístico do Ulla Tambre Mandeo, elaborado polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) e financiado polo Programa Leader, que se levará a cabo o próximo venres 11 de abril ás 12.30 na sede da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, situada na estrada de Santiago‐Noia Km 1, A Barcia (Santiago de Compostela).
O acto estará presidido polo Director Xeral de Agader, Don Antonio Crespo e o Presidente do GDR, Don Ovidio Leiva, que estará acompañados do Subdirector de Relacións cos Grupos de Agader, Don Javier Blanco; dos vicepresidentes do GDR, Don Manuel Taboada e Don Javier Caínzos; da representante na xunta directiva do GDR da mesa de turismo, Dona Matilde Pallares; e da xerenta do GDR Dona María Fernández. O vídeo ten unha duración de 7 minutos. O acto durará uns 30 minutos.