Presentación del proyecto «Caminhos seguros do Morrazo»

Os Camiños Seguros do Morrazo (CSM) son unha proposta de creación+recuperación dunha rede infraestructural, os camiños, que devolve á veciñanza a posibilidade de desprazarse de xeito seguro. Un sistema viario de mobilidade lenta, que mellora a socialización nos espazos que atravesa e facilita a conexión dos servizos existentes. Unha proposta innovadora de mobilidade para o territorio-cidade difusa do Morrazo.

https://www.facebook.com/caminhosseguros?fref=ts

O proxecto CSM é unha aposta/proposta a nivel territorial do que previamente foran traballos de escala local, como o Camiño Real que conecta Moaña e Cangas. A rede provisional de camiños extendida neste proxecto aos concellos de Bueu, Cangas e Moaña, estará exposto ao público ao longo deste mes na vila de Cangas. O mecanismo para facelo será unha exposición que combina traballo de edición gráfica e audiovisual, así como un deplegable que sintetizan e comunican as liñas básicas do proxecto. Para os que teñan interese en coñecelo dun xeito máis profundo tamén se poderá consultar e adquirir unha publicación específica que resume as liñas principais da tese de orixe e a filosofía e método de intervención para esta nova rede de camiños.

Outra das liñas centrais deste proxecto foi e quere seguir a ser a colaboración cos axentes locais e veciñanza. A tal fin, todos os materiais expostos (maquetas, paneis, desplegable, publicación e videoreportaxe) foron elaborados co obxectivo de resultar fácilmente comprensibles a un público non experto. O obxectivo é facilitar ao máximo que calquera persoa poida coñecer e polo tanto opinar sobre aspectos concretos deste proxecto que tenta actualizar o territorio para dar resposta ás novas necesidades en materia de mobilidade.

10363668_315105711980723_3667292203033975194_n

TYS MAGAZINE - Anunciantes

Víctor Bouzas Blanco

Licenciado en geografía y Postgrado en Tecnologías Digitales de Documentación Geométrica del CSIC. Especialista en diseño cartográfico y análisis geoespacial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba