Curso: A construcción do territorio. Estratexias de rehabilitación (Rianxo)
14, 15 , 16, 17 e 18 de xullo
Prazo de matrícula: ata o 9 de xullo de 2014
Horas de duración: 30
Lugar de realización:
Rianxo
Recoñecemento académico
Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 2
Titulacións de graos: Segundo o acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012 sobre a Normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos graos da UDC: Aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1 crédito por cada curso, ou no caso dos obradoiros, cando estes foren de 20 ou máis horas lectivas.
Perfil preferente do alumnado:
Alumnado de arquitectura, arquitectura técnica, inxeñarías, socioloxía e humanidades, arquitectos, enxeñeiros, sociólogos, …
Resumo do curso:
A construción do territorio é un proceso en que interveñen varios factores: o territorio, os medios tecnolóxicos, que representan as aspiracións e as necesidades da sociedade que intervén nel. A busca de elementos e de razóns para entendelo son imprescindibles para a súa transformación. Isto só é posible desde unha análise profunda que permita descubrir as leis que configuraron a realidade que percibimos. As formas como resposta ao proceso, a análise como busca e a intervención como resposta.
Matrícula: